Escritora e psicóloga.

Autora do blog "Con dos bolsas en cada mano. De shopping en Madrid".

Director de Competitividade. IGAPE

Presidente de Rethinkmarketing.
Consultor de estratégia e marketing.

Secretaria General. ACISAT.

Contacto
Inscripción

A inscripción ó congreso é gratuita pero as plazas son limitadas, a reserva realizarase por riguroso orden de inscripción.

Síguenos en:
icono twitter icono twitter
Entretiendas Tienda outlet online

SÍNTESIS DAS CONFERENCIAS VII CONGRESO

A Rede GESTUS: Un modelo de CCA innovador para o comercio portugués.

ACISAT foi a asociación promotora dunha rede denominada Rede Gestus, creada co obxetivo de modernizar e dotar de maior competitividade ao comercio local e as pequenas empresas das cidades portuguesas de Chaves, Braganza e Viseu. Para facer efectiva esta modernización Rede Gestus desenvolveu un proxecto que contempla ferramentas e servizos como cartas de fidelización, plataformas web de compra-venta, central de compras para o abastecemento dos negocios participantes e a creación dun Centro Comercial Aberto para poñer a disposición dos empresarios locais. Esta rede innovadora, que entrou en funcionamento recentemente, conta con numerosos negocios das tres cidades adscritos que xa se están beneficiando deste proxecto asociativo

Instrumentos do IGAPE para a mellora da competitividade no comercio local.

A actual crise está afectando especialmente ó pequeno comercio xa que acusa especialmente o descenso no consumo das familias. A habilitación de liñas de financiamento de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas é un dos instrumentos que utiliza o IGAPE para que os autónomos e microempresas poidan acceder ao crédito, e deste xeito, resolver los problemas xerados porla crise. A compensación de gastos financierios ou o acceso a axudas para servizos mancomundos ou deseño compartido son outros instrumentos do IGAPE para mellorar a competitividade do comercio local.

PSICOLOXÍA DO SHOPPING: Os mecanismos internos da experiencia de compra.

A experiencia de compra moviliza toda unha serie de mecanismos psicológicos internos que se manifestan nunha serie de procesos conductuales externos. As conductas dun consumidor son predecibles. Se somos capaces de predecir as conductas dos nosos compradores poderemos mellorar o funcionamento da nosa tenda. Construamos e dirixamos un entorno minorista que se axuste ás necesidades concretas dos compradores e crearemos un establecemento de éxito.

Recetas prácticas para a innovación no comercio minorista

A publicidade e o crédito ao consumo son dúas das claves do empuxe do consumismo nos últimos 30 anos. O tecido comercial desenvolveuse na medida que a poboación adquiriu estabilidade económica e as súas ansias de consumo medraban. A distribución moderna, hipermercados e centros comerciais, nacen ao amparo das novas necesidades do consumidor, que esixe condicións de excelencia na calidade e variedade da oferta comercial. Nos últimos 20 anos, unha parte do comercio evolucionou a modelos de negocio novedosos onde, dende productos e servicios ata aspectos relacionados coa experiencia, conforman as estratexias de diferenciación máis sorprendentes. Hoxe xa non temos crédito e o comprador está farto da publicidade. Esta conferencia sintetizará as claves para competir nun entorno de crise e amosará as principais áreas de traballo para o éxito comercial nun entorno pouco favorable.